TOJO
Ocurreu o sete de abril de 1943
nas brañeiras brancas preto de Inchydoney
onde achan lecer aves mariñas, pace gando
e encouran as augas entre xuncas
alí aterrou de urxencia un avión americano
T´aint a bird marmuriaba a veciñanza
e claro que non se trataba dun paxaro
senon dun B-17 de combate
que se extraviou na mesta brétema do oeste
e os soldados coidaban que aquilo era Noruega
e traían un mono consigo
de mascota
e foron conducidos pola autoridade
ata o hotel dos O´Donovan
na rúa maior de Clonakilty
e o pobo recibiunos con abraio
e a nova espallouse ao redor
e chegaba xente da contorna toda
para ollar o aeroplano aquel
arrombado nun pasteiro
con espanto e gargalladas
e no hotel os mozos detidos celebraron
tres días de esmorga e cantos
e o mono malpocado morreu pola friaxe
pouco afeito a climas tan severos
e soterrárono no xardín con honras militares
e as exequias foron moito tempo relembradas
e xace desde aquela nun recuncho irlandés
e chamábase Tojo
o coitado defunto macaco americano.
Diario de Crosses Green
Martín Veiga, 2016, Kalandraka editora, Pontevedra

No hay comentarios:
Publicar un comentario